no disponible
Inicio O Edificio
Acciones de Documento

O edificio

edificio #1 edificio #1
edificio #2 edificio #2

Foi deseñado polos novos arquitectos madrileños Pedro Bustamante e Javier Camacho.

CREAA, está ubicado na área de Los Castillos del Marqués de Valderas (Alcorcón) e o seu contorno urbano.

O proxecto integra nove edificios nun, os seus usos dispóñense en serie e organízanse en bandas de usos afíns, que percorren toda a lonxitude do conxunto.

A súa estrutura está disposta para que cada peza poida funcionar de xeito independente ou simultáneo, con respecto das contiguas, ou ben conseguir agrupacións de varias unidades, cando a actividade o requira.

Esta organización permite usos relacionados entre si pero diferentes, con requirimentos de comunicación directa e con posibilidade de compartir espazos, pero con necesidade de independencia no seu habitual funcionamento e co grao de compartimentación axeitado a cada situación.

Dúas figuras sobresaíntes nunha paisaxe de outeiros.

Sobre unha paisaxe de outeiros artificiais -substratos de terreo tallados polo home- emerxen dous elementos: o circo: un cilindro translúcido, traslación exacta do baleirado interior; e o auditorio: unha pedra preciosa e enigmática pousada no lugar, con opacidades e tons variables co paso do tempo, diferente dende cada ángulo, translucindo a súa actividade interior coma un pequeno farol aceso. Un obxecto pregnante e sedutor que queda gravado na retina como símbolo da cultura e as artes do Sur de Madrid.

As cubertas do edificio, con vistas sobre Los Castillos, a Serra e as postas de sol, resultan un espazo idóneo como lugar de encontro, e para celebrar actividades: teatro de rúa, entroidos, bailes de disfraces e máscaras, festivais de música ao aire libre…