Noticias
05/02/2007Foi inaugurada a Exposición “ESPACIO CREAA”
O día 2 de febreiro de 2007, ás 20 horas, foi inaugurada a Exposición “ESPACIO CREAA”. O acto foi presidido polo Alcalde de Alcorcón D. Enrique Cascallana Gallastegui.
Previamente, ás 12 da mañá do mesmo día, a exposición foi presentada aos medios de comunicación.
“ESPACIO CREAA”, ten como obxectivo dar a coñecer o proxecto do futuro Centro de Creación das Artes de Alcorcón, tanto dende o punto de vista da arquitectura coma dos diferentes usos dos espazos e a súa vocación internacional.
A Exposición permanecerá aberta ao público, na Sala de Exposicións do Museo do Vidro de Alcorcón, do día 3 de febreiro ao 18 do mesmo mes.